Os Jalochos presentan “A Landra viaxeira e o amigo Lambón”.
Un libro no que o público infantil poderá seguir as aventuras destas dúas personaxes e os amigos e amigas que polo camiño atoparán. Cunha folla de carballo que se transforma en camión, nun barquiño, nun paraguas, se precisan dun avión, Landra e Lambón coñecerán a Picapeixe e Picapaus, o punki Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot que é unha tarteira vella e Lara, a píllara espacial. Respectar a natureza, viaxar por vilas e cidades, xogar co ritmo da música, cantar e bailar sen acougo, son parte das propostas que pon en valor este libro para o divertimento das pícaras e pícaros da casa. Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas, relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.
Este conto leva aparellados distintos recursos en soporte dixital, completando así a obra cun audiolibro e doce pezas musicais para gozar en familia.
Idea orixinal, texto e música: Suso Bello e Sabela Olivares
Ilustración, deseño e maquetación: David Cuence
Colaboracións: Alberto Millán: baixo, tamboril e frauta travesa Fernando Pérez: clarinete
Usamos cookies para asegurar que che damos a mellor experiencia na nosa web. Se continúas usando este sitio, asumiremos que estás #de acordo con iso.AceptarPolítica de privacidade