Boroa na homenaxe a Nélida Piñon
A segunda edición de #VocesDaNarrativa renderalle homenaxe a Nélida Piñon (1937-2022). A académica de honra, unha das grandes figuras das letras brasileiras, reivindicou a súa herdanza galega en obras senlleiras como ‘A república dos soños’.
Agardámosvos o martes 29 de outubro na Fundación Barrié coas intervencións de Karla da Silva, Antonio Maura, Alfonso Armada e Víctor F. Freixanes, e mais Marilar Aleixandre como coordinadora. A parte musical correrá a cargo de Boroamusic. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Emisión en directo dende academia.gal.