O´Clásico Fol

“Do candil ao cantil”

A gaita é un instrumento complexo, o cal non impide que a súa utilización popular forme parte da tradición máis antiga do noso pobo. Que é un instrumento querido, sentido como noso, pode levar, ou ten levado, ás veces, á súa infravalorización. O pobo, isto é, a clase baixa, é a que o ten como símbolo da súa cultura. Porén, non se pode negar que o seu prestixio foi medrando cos anos, ao tempo que o poder foi “permitindo”, a súa difusión para chegar a convertilo nun “tópico”. E, neste proceso de apropiación, paradoxalmente, o seu campo de uso foise vendo limitado, reducido a espazos propios do divertimento popular.

Sacala dese campo reduccionista foi tarefa de moitos intérpretes. Axeitala a outros ritmos, tamén. Devolverlle, xa que logo, unha relevancia que semellaba perdida…

Este é o traballo que Boroa leva a cabo…

  • Data de lanzamento : Marzo do 2023

  • Produtor : Suso Bello

  • Estudio : A PONTE estudio