Sabela Olivares

Nacida en Vigo en 1981 adícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos.

Posúe o Título Superior de Música na especialidade de Instrumentos da müsica Tradicional e Popular,  o Título de Profesora na especialidade de Piano e o Título Profesional de Música na especialidade de Gaita.

Paralelamente, amplía a súa formación participando en distintos cursos e seminarios relacionados coa musicoterapia, a pedagoxía musical activa e a técnica instrumental

Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais coa gravación de diversos traballos discográficos.

No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano enfocados ao ensino da gaita nos que combina a finalidade práctica coa expresividade e o sentido musical no seu significado máis amplo.