Suso Bello
Produtor musical, compositor e intérprete en grupos como A Companhia do Ruído, Oito nun piso e Boroa, todos eles proxectos vencellados á lingua galega, que teñen como obxectivo a difusión da nosa lingua e a nosa cultura.
Ao longo da súa traxectoria profesional cabe destacar a composición e produción musical de múltiples traballos discográficos entre os que salientan no apartado de música infantil: “A Cuadrilla da fonte navegante” e “A Landra viaxeira e o amigo Lambón”.
Noutros eidos artísticos sobresae a súa actividade en traballos discográficos en lingua galega como: A Companhia do Ruído (2005), Chuvia 06(2006), Música e patacas (2008), había de chover merda(2010), Pensares galegos(2013), A Cuadrilla da fonte navegante(2013), O Punchi must go on(2018).