Nós

about

Sabela Olivares

Gaita, piano, pandeireta e voz

Nacida en Vigo en 1981 adícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos.

Posúe o Título Superior de Música na especialidade de Instrumentos da müsica Tradicional e Popular,  o Título de Profesora na especialidade de Piano e o Título Profesional de Música na especialidade de Gaita.

Paralelamente, amplía a súa formación participando en distintos cursos e seminarios relacionados coa musicoterapia, a pedagoxía musical activa e a técnica instrumental

Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais coa gravación de diversos traballos discográficos.

No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano enfocados ao ensino da gaita nos que combina a finalidade práctica coa expresividade e o sentido musical no seu significado máis amplo.

Suso Bello

Guitarra e Voz

Produtor musical, compositor e intérprete en grupos como A Companhia do Ruído, Oito nun piso e Boroa, todos eles proxectos vencellados á lingua galega, que teñen como obxectivo a difusión da nosa lingua e a nosa cultura.

Ao longo da súa traxectoria profesional cabe destacar a composición e produción musical de múltiples traballos discográficos entre os que salientan no apartado de música infantil: “A Cuadrilla da fonte navegante” e “A Landra viaxeira e o amigo Lambón”.

Noutros eidos artísticos sobresae a súa actividade en traballos discográficos en lingua galega como: A Companhia do Ruído (2005), Chuvia 06(2006), Música e patacas (2008), había de chover merda(2010), Pensares galegos(2013), A Cuadrilla da fonte navegante(2013), O Punchi must go on(2018).

Alberto Millán

Baixo

Posúe os títulos de Grao Profesional nas especialidades de gaita e frauta travesa. Estudou baixo eléctrico na Escola de Música Moderna Estudio en Santiago de Compostela.

No ano 1995 comeza a exercer de mestre de gaita e na actualidade leva a sección de gaita e percusión na Asociación Cultural Tahúme de Olveira, ao mesmo tempo que realiza concertos didácticos de música tradicional e forma parte en varias formacións musicais de diversos estilos, entre as que cabe destacar Os Monifates, grupo de música tradicional e títeres.

Contratación

Dalle ao botón para poñerte en contacto con nós

Contacta connosco