A Landra vai á escola

A intervención educativa na Educación Primaria busca unha aprendizaxe competencial prevista no perfil de saída mediante a implementación dunha metodoloxía didáctica comunicativa, inclusiva, activa e participativa.


Neste sentido, a Landra viaxeira e o amigo Lambón, preséntase como un recurso didáctico idóneo para favorecer a adquisición destas competencias e o desenvolvemento integral do alumnado, potenciando a reflexión crítica e un estilo de vida saudable e sustentable acorde cos obxectivos da Axenda 2030.

Os Jalochos ofrecen aos colexios a posibilidade de acceder a Unidades Didácticas elaboradas en base ao audiolibro e ao Decreto 155/2022, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

As unidades didácticas engloban recursos e materiais específicos relacionados co audiolibro como láminas de debuxo, adaptacións instrumentais do disco e actividades interactivas.

Contacta con nós para valorar as posibilidades

Correo electrónico: acompanhiadoruido@gmail.com
Teléfono: 681 982 134 (Suso) – 686 468 850 (Sabela)

Descarga o documento pdf na seguinte ligazón: Proxecto Escolas.pdf