Proposta de Boroa de apostar polo coñecemento  e entretemento

Bo día.

É un pracer presentarvos o novo proxecto musical “Boroa”

Boroa presenta “O´ Clásico Fol” neste ano 2023. 

Ligado á proposta de Boroa de apostar polo coñecemento  e entretemento a través das diferentes vertentes da tradición da música galega, poñemos a disposición unha serie de actividades que poden ser de interese para Asociacións e Festivais

Coa contratación de Boroa incorporamos de forma gratuita obradoiros e faladoiros presonalizados vencellados á tradición instrumental e a danza galega impartidos por Sabela Olivares.

De igual xeito, poden consultar a posibilidade de contratar unicamente obradoiros especializados para gaita, percusión ou baile galego.

Para ampliar información poden poñerse en contacto con nós a través  dos contactos da nosa web, redes sociais ou no propio enderezo electrónico.

Agardo que sexa do voso agrado e poidamos traballar xuntos este ano.


Un saúdo e moitas grazas!