Os Jalochos participan na homenaxe a Carlos Díaz (O Xestal)

Nun coro de 1.600 escolares interpreta ‘Apaga o candil’ 

Escolares de todos os colexios de Carballo cantaban xuntos na praza do concello Apaga o candil para poñer o broche final dunha actividade coa que descubriron a vida e a obra de Carlos Díaz, o Xestal, un dos seus conveciños máis populares, pero ensombrecido ata certo punto polo seu propio legado.

Video do Diario de Bargantiños

A actividade enmárcase no Ano do Xestal promovido polo concello da capital de Bergantiños para honrar a súa figura cando se cumpren 30 anos da súa morte e 90 do seu nacemento. 

O Xestal foi un contacontos e cantante que se fixo popular a mediados do século pasado, interpretando temas populares que el mesmo recollía, entre eles a popular cantiga que cantou por primeira vez no Luar da Televisión de Galicia en 1992, dous meses antes da súa morte. 

Nova na TVG